Noticias
Historia
Componentes
Tenda online
Concertos
Descargas
Contacto
Galerías

Ultimas Novas

 
02/04/2008 : OS CHIQUILICUATRES
Noticia


ALAVALANCHA!!!
Comeza o asalto ás rúas e tabernas de Galicia a arredores, jejeje... ningún lugar sen festa e así debe ser,
para comezar asaltaremos vigo, na calle Principe ó mediodía do xoves 10 de abril e durante todo o día polas rúas de Vigo pra rematar a festa na taberna da gaita no casco antiguo.
Os Chiquilicuatres berran, contan e cantan na súa travesía melodías de alegría pra alegrar o corazón.
Presentando o seu traballo "Delitos de Autor", oubean Tripas vacías corazón sen alegría, a música é libre coño, polo aire navega e polos mares da ría susurra suavemente unha doce canción.

AVANTE FORSA!!!!

 
 
     
 
04/02/2008 :
Noticia

Xa está en camiño a Chuvia 08, e como hai que facer camiño, aplicamoslle un par de días, por iso de quedar a gusto. Así que o venres 14, e o sábado 15 de marzo, chove en riveira, e ó que non lle chova que safe. que manden tolos, pra que queremos cordos....Os Chiquilicuatres, Sonoro Maxín, Cuchufellos, Iván Dz, Desalojo, The Canhas, Charangas ó vermú e sigue sumando o belén.
Xa iremos avisando.
saudiños

 
 
     
 
12/01/2008 : bos días amigach@s
Noticia

hola, que tal? aquí o capitán chumeiras ó aparato. Debido ás inclemensias, e sobre todo a que hai moito que facer, ainda non temos tempo nin para preparar e poñer ó día a páxina e todo o que ten que ver coa banda, pero todo se andará.Xa está funcionando a www.myspace.com/acompaniadoruido. En breve comezaremos a reformar a páxina e a mezclar o concerto que se gravou en Boiro este mes de decembro pasado. Pronto subiremos información.Agora mesmo estamos dandolle caña ós Chiquilicuatres que presentarán en Febreiro o traballo "Delitos de Autor" e preparando a Festa da Chuvia, que ten tela. Así que como dicía Pemán, boas noites e ata mañán.

 
 
     
 
10/12/2007 : CONCERTO EN SALVATERRA SUSPENDIDO
Noticia

Boas tardes, ou non tanto. Esta vez é pra dar unha mala noticia.
Antes de nada pedir disculpas á xente da Sala vagalume e á xente que teña pensado, ou por decoñecemento acuda esta semana ó concerto que había previsto para o día 15 deste mes.
Non haberá concerto, por motivos de traballo, e de saúde( nada que non se arregle), A Compañía do Ruido ten que mandar o barco ó carro, tomarse un respiro, volver á taberna e coller forzas.
Dende aquí queremos mandar un saudo a tódalas comisións, salas de concertos e a toda a xente coa que disfrutamos e conseguimos armar unha boa jarana.
Saúde, e que non caia por fóra

 
 
     
 
07/03/2007 : Festa da Chuvia 07
Noticia

Xa chega a festa da chuvia, será o 31 de marzo e se presenta con marcha e rock`n roll, avante toda.Bonovo, Banda Potemkin, jabon blue, Iván DZ,oito Nun Piso, O Maestro Reverendo, Os Sosios, mela-pela, Ovos chocos, A charanga Dorneira; Grupo Arume e quen sabe que máis.PROMOCIÓN ESPECIAL.. Coa compra dos primeiros 500 cd`s da Chuvia 06, de regalo a entrada para a festa deste ano. Concerto gravado na chuvia 06, A commpañía do Ruido e bodega Bodega.

Máis información: www.festadachuvia.com
 
     
 
58706

Desarrollo web: Argos-Galaica - Diseño gráfico: Jesús Parada
© A Compañía do Ruido 2006 , ¡SÓ EXISTE O RUIDO!